Wednesday 08 de May de 2024

Os concellos da Coruña e Oleiros solicitarán á Xunta o bus 1-A a Santa Cristina durante todo o ano


No encontro desta mañá entre a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, tamén se acordou traballar no establecemento dun novo convenio para que a liña de autobús 1-A chegue ata Santa Cristina durante todo o ano. Desde ambos municipios iniciaranse de inmediato os trámites para solicitar a Xunta a aprobación deste servizo público.

A elevada demanda desta liña de transporte e a necesidade de apostar por medios de transporte alternativos ao vehículo privado fai imprescindible que o bus urbano 1-A chegue ata Santa Cristina durante todo o ano. A Compañía de Tranvías está pola labor de ofrecer este servizo polo que só faltaría o visto bo da Xunta de Galicia.